Blog

Prelo, S.L. Novas Instalacións Pol. Ind. O Ceao.


Prelo, S.L. Novas Instalacións Pol. Ind. O Ceao.

Prelo é unha empresa lucense fundada ai case 30 anos, que no momento da súa constitución iniciou a actividade dentro do mundo da papelería. Hoxe en día é una empresa con máis de 25 traballadores e varios departamentos ben diferenciados, abarcando campos coma a papelería, servicio integral a oficinas, copistería e impresión dixital, entre outros.

É precisamente neste departamento, denominado comercialmente Prelo XL, onde agora ven de ampliar a súa liña de negocio coas novas instalacións no Polígono Industrial O Ceao.

Trátase dunha nave de máis de mil cincocentos metros cadrados que da cabida á máis moderna tecnoloxía do mercado dentro do mundo da rotulación e impresión dixital. Cabe destacar a adquisición da primeira máquina de impresión UV de Galicia, que nos permite imprimir sobre todo tipo de materiais (ríxidos e flexibles), aínda que estes non sexan lisos. Metais, plásticos, madeiras, vidro ou escaiola son só algúns exemplos de materiais nos que agora é posible imprimir e personalizar ó gusto de cada cliente.

En tempos de crises, unha empresa cen por cen lucense, atrévese cunha inversión de máis de un millón de euros e a creación de cinco novos postos de traballo fixos para garanti-lo bo funcionamento e poder aumentar a capacidade de producción.

Para a financiación das citadas instalacións, contan con axudas do Ministerio de Economía (Fondos Feder de incentivos rexionais) e Consellería de Economía e Facenda a través do Igape.

Para a inauguración das novas instalacións, a que están invitados todos vostedes, terán lugar o vindeiro día un de outubro ás sete da tarde.

Lugo a 23 de set. de 09

Fdo: Manuel López Ferreiro
Administrador




A %d blogueros les gusta esto: